Este ano o clube tivo sorte e tocoulle a pedrea no número que xogamos na lotería do 22 de decembro.
Todos aqueles que teñades participacións do número 42.468 poderedes cobrala na administración n°1 de O Grove (A centola dourada de Moreno) dende o Martes 27 de decembro ata un máximo de 3 meses dende a data do sorteo.
Grazas a todos por colaborar co clube e noraboa aos afortunados.
Aqueles que queirades estades a tempo de mercar a lotería de reis.
0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar













